SERVIZO PARA
CENTROS E BIBLIOTECAS
Asesoramento ABX e selección de xogos de mesa
Axudamos a crear espazos e propostas de xogo con sentido educativo.
Que é este servizo?
Un servizo de asesoramento personalizado para centros educativos e bibliotecas que queren incorporar xogos de mesa de maneira estruturada, coherente e adaptada ás súas necesidades reais.
Non é unha listaxe de xogos ao azar.
É diagnóstico + criterio pedagóxico + selección + acompañamento.
QUE
FACEMOS?
✔️ Diagnóstico inicial ABX
✔️ Análise de necesidades do centro ou biblioteca
✔️ Definición de obxectivos educativos ou de uso
✔️ Selección personalizada de xogos de mesa
✔️ Envío dos xogos seleccionados
✔️ Orientación para o seu uso e adaptación
DIÁGNOSTICO ABX
Antes de propoñer ningún xogo:
- analizamos o contexto
- o perfil do alumnado ou usuarios
- os obxectivos educativos ou culturais
- os espazos e tempos dispoñibles
👉 Isto garante que os xogos teñan sentido e se usen, non queden nun estante.
COMO
TRABALLAMOS?
- Primeiro escoitamos
- Logo analizamos
- Despois propoñemos
- E acompañamos na implantación
PACKS DISPOÑIBLES
PACK AULA
Pensado para aulas de infantil, primaria ou secundaria.
- Diagnóstico ABX de aula
- Selección de xogos adaptados á idade e grupo
- Envío dun lote de xogos
- Orientación básica de uso na aula
Ideal para introducir ABX de maneira progresiva.
PACK LUDOTECA EN BIBLIOTECA
Pensado para bibliotecas, espazos culturais ou comunitarios.
Diagnóstico de uso e público
Selección de xogos para uso libre e guiado
Lote de xogos variados
Orientación para dinamización e préstamo
👉 Para crear un espazo de xogo atractivo, inclusivo e con criterio.
PACK COMPLETO CHAFARISEDU
A solución integral.
Diagnóstico ABX completo
Selección ampla de xogos
Envío dun fondo de xogos adaptado
Sesión formativa básica para o equipo
Acompañamento inicial na posta en marcha
👉 Ideal para centros que queren apostar polo xogo como ferramenta educativa.