Chafaris Edu

1. Información xeral


De acordo co establecido na normativa vixente, infórmase de que o presente sitio web é titularidade de Cristina Neira Veiga con DNI 33996123F
A utilización desta páxina web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas de todas as disposicións incluídas nestes Termos e Condicións Xerais.

2. Obxecto
O presente documento ten por obxecto regular as condicións de uso do sitio web, así como a contratación dos servizos e produtos ofrecidos a través del, relacionados con actividades formativas, obradoiros presenciais, formación online e acompañamento educativo.

3. Condicións de acceso e uso
O acceso ao sitio web é libre e gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos ofrecidos, de conformidade coa lei, a boa fe e a orde pública.
Queda prohibido o uso da web con fins ilícitos, lesivos ou que poidan causar prexuízo ao funcionamento normal do sitio.

4. Proceso de contratación
A contratación dos produtos e servizos realizarase a través da páxina web mediante os formularios habilitados para tal fin.
Antes de formalizar a compra, a persoa usuaria poderá consultar a información completa sobre:
* características do produto ou servizo

* prezo final

* modalidade (presencial ou online)

* duración

* condicións específicas

A compra entenderase formalizada unha vez confirmado o pagamento.

5. Prezos e formas de pagamento
Todos os prezos indicados na web exprésanse en euros (€) e inclúen os impostos legalmente aplicables, salvo indicación expresa en contrario.

O pagamento realizarase a través dos métodos habilitados na web no momento da compra.


A titular resérvase o dereito de modificar os prezos en calquera momento, sen que isto afecte ás contratacións xa realizadas.

6. Política de cancelación e devolucións

Formación presencial
* A praza considérase reservada unha vez realizado o pagamento.

* Non se realizarán devolucións en caso de non asistencia, salvo cancelación da actividade por parte da organización.

* En caso de cancelación por parte de ChafarísEdu, ofrecerase a devolución íntegra do importe ou a posibilidade de cambio de data.

Formación online
* Unha vez iniciado o acceso ao contido ou ás sesións en directo, non se realizarán devolucións.

* No caso de programas ou escolas por tempo limitado (edición piloto), as condicións específicas indicaranse na páxina do produto.

7. Dereito de desistimento

DEREITO DE DESISTENCIA E EXCLUSIÓN DO MISMO
  • De conformidade co artigo 103.m) do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, o dereito de desistencia non será aplicable aos contratos de subministración de contido dixital que non se preste nun soporte material cando a execución comezase.
  • Ao adquirir un curso neste sitio web, a alta do alumno xestiónase de forma manual nun prazo máximo de 24 horas desde a confirmación do pago. O usuario dispón dun dereito de desistencia de 14 días naturais que poderá exercer unicamente durante o breve período comprendido entre a realización do pago e o envío das claves de acceso.
  • Perda do dereito: Prestando o seu consentimento expreso previo no proceso de compra, no instante preciso en que lle enviemos por correo electrónico as súas credenciais de acceso á plataforma LearnPress, considerarase iniciada a execución do contido dixital e vostede perderá de forma automática e irreversible o seu dereito de desistencia, non procedendo ningún tipo de reembolso nin devolución das cantidades abonadas.

8. Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos da web, incluíndo textos, imaxes, materiais formativos, vídeos e recursos, son propiedade de ChafarísEdu ou contan cos dereitos de uso correspondentes.

Queda prohibida a reprodución, distribución ou comunicación pública, total ou parcial, sen autorización expresa.

9. Responsabilidade

ChafarísEdu non se fai responsable do uso indebido que poida realizar a persoa usuaria da información contida na web.

Tampouco se garante a ausencia de interrupcións ou erros no acceso ao sitio, aínda que se realizarán todos os esforzos razoables para evitalos.

10. Protección de datos persoais

Os datos persoais recollidos a través deste sitio web serán tratados de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datospersoais.

A información detallada sobre este tratamento pode consultarse na Política de Privacidade.

11. Modificacións

ChafarísEdu resérvase o dereito a modificar en calquera momento os presentes Termos e Condicións Xerais. As modificacións serán publicadas nesta mesma páxina e terán efectos desde o momento da súa publicación.

12. Lexislación aplicable e xurisdición

As presentes condicións rexeranse pola lexislación española. Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir, as partes someteranse aos xulgados e tribunais que correspondan conforme á normativa vixente.

Scroll al inicio