Tes algo que ensinar?
Experiencia e coñecemento que compartir?
Se tes un curso ou coñecemento que pode axudar ao profesorado e á súa práctica diaria, queremos escoitarte.
En Chafarís Edu somos unha comunidade educativa galega que conecta docentes, alumnado e familias.
Seleccionamos 5 novas propostas formativas para incorporar á nosa plataforma.
Non buscamos teoría illada.
Buscamos formación útil, práctica e aplicable ao día a día na aula.
Que buscamos?
Cursos con impacto real para docentes:
- Innovación
- Programación e aprendizaxe activa
- Lectoescritura
- Matemáticas
- Diversidade
- Xestión de aula
- Recursos prácticos por etapas
- Creatividade
- Tecnoloxía aplicada á educación
- Estacións de aprendizaxe
- Educación emociona
- Diversidade
Que ofrecemos?
✔ Plataforma lista para lanzar
✔ Apoio na estructuración e posta en marcha na plataforma do curso
✔ Difusión e comunicación
✔ Acceso á comunidade docente
✔ Beneficio mínimo do 60% do teu curso
Aquí non publicamos cursos illados.
Construímos comunidade arredor da formación aplicada e real.
Ti achegas o coñecemento.
Desde ChafarísEdu impulsámolo e conectámolo coa aula e coa comunidade educativa.
Só 5 propostas seleccionadas
Porque priorizamos calidade, utilidade e impacto real.
👉 Envía a túa proposta e forma parte da comunidade Chafarís Edu
Porque Chafaris Edu é:
Comunidade educativa
Formación práctica para aulas reais e familias implicadas