Acompañamento mensual a través dos xogos de mesa
Que é a Escola de Familias Xogonas?
A Escola de Familias de Xogo é un espazo de acompañamento, non un curso nin unha asesoría individual.
Está pensada para familias que queren:
- entender mellor o xogo de mesa
- saber como presentalo e adaptalo
- acompañar conflitos sen romper a relación
- crear un hábito de xogo realista na casa
Aquí non buscamos facelo perfecto, senón xogar mellor, con máis seguridade e menos desgaste.
A quen vai dirixida?
Esta escola é para ti se:
- Tes crianzas ou adolescentes.
- Mercas xogos pero non sempre funcionan
- O xogo ás veces acaba en discusión ou frustración
- Queres acompañar sen berrar nin abandonar
- Buscas un espazo amable e sen xuízos
- Non importa se xogas moito ou pouco. Importa querer probar.
🧠 Como funciona a Escola?
📅 Formato
- Online (Zoom)
- 1 sesión ao mes en directo (90 minutos)
- Acceso á gravación se non podes asistir
- Espazo para preguntas reais
- Grupo de whassap con retos, actividades e acompañamento.
📦 Que inclúe cada mes?
- Proposta de xogo concreta
- Como presentalo na casa
- Adaptacións segundo idades e dinámicas familiares
- Acompañamento de situacións reais
- Resolución de dúbidas do grupo
- Desconto do 10% na compra de xogos de mesa.
Pouco contido, pero útil.
Pouca teoría, moita realidade.
🧩 CONTIDO DO PILOTO (3 MESES)
MES 1 · Entrar no xogo
* Crear clima para xogar sen presión
* Como presentar un xogo
* Primeiros erros habituais
MES 2 · Acompañar conflitos
* Que facer cando hai enfados
* Competencia, frustración e normas
* Intervir sen romper o xogo
MES 3 · Crear hábito
* Adaptar xogos ao día a día
* Xogar con diferentes idades
🌱 Por que unha edición piloto?
Porque queremos crear esta escola coas familias, escoitando necesidades reais e axustando o acompañamento cun grupo moi reducido.
Se ao rematar o piloto ten sentido continuar, abrirase unha versión estable.
👣 Quen está detrás?
A Escola de Familias de Xogo forma parte de ChafarísEdu, a área formativa de Chafarís.
Chafarís leva anos acompañando familias e profes a través do xogo, tanto en espazos educativos como no día a día.
❓ É para min se non podo ir á formación presencial?
Si.
A Escola é unha proposta **independente**, pensada tamén para familias que non poden desprazarse ou que prefiren un acompañamento paso a paso.


Valoraciones
No hay valoraciones aún.