Chafaris Edu

Escola de Familias Xogonas

60,00 

Un espazo online para familias que queren aprender a xogar con máis calma, comprender o que pasa arredor do xogo e crear hábito na casa sen presión nin conflitos.

- +

Acompañamento mensual a través dos xogos de mesa

Que é a Escola de Familias Xogonas?

A Escola de Familias de Xogo é un espazo de acompañamento, non un curso nin unha asesoría individual.

Está pensada para familias que queren:

  •  entender mellor o xogo de mesa
  •  saber como presentalo e adaptalo
  • acompañar conflitos sen romper a relación
  • crear un hábito de xogo realista na casa

Aquí non buscamos facelo perfecto, senón xogar mellor, con máis seguridade e menos desgaste.

A quen vai dirixida?

Esta escola é para ti se:

  •  Tes crianzas ou adolescentes.
  • Mercas xogos pero non sempre funcionan
  • O xogo ás veces acaba en discusión ou frustración
  • Queres acompañar sen berrar nin abandonar
  •  Buscas un espazo amable e sen xuízos
  • Non importa se xogas moito ou pouco. Importa querer probar.

🧠 Como funciona a Escola?

📅 Formato

  • Online (Zoom)
  • 1 sesión ao mes en directo (90 minutos)
  • Acceso á gravación se non podes asistir
  • Espazo para preguntas reais
  • Grupo de whassap con retos, actividades e acompañamento.

📦 Que inclúe cada mes?

  • Proposta de xogo concreta
  •  Como presentalo na casa
  • Adaptacións segundo idades e dinámicas familiares
  • Acompañamento de situacións reais
  • Resolución de dúbidas do grupo
  • Desconto do 10% na compra de xogos de mesa.

Pouco contido, pero útil.
Pouca teoría, moita realidade.

🧩 CONTIDO DO PILOTO (3 MESES)

MES 1 · Entrar no xogo

* Crear clima para xogar sen presión
* Como presentar un xogo
* Primeiros erros habituais

MES 2 · Acompañar conflitos

* Que facer cando hai enfados
* Competencia, frustración e normas
* Intervir sen romper o xogo

MES 3 · Crear hábito

* Adaptar xogos ao día a día
* Xogar con diferentes idades

🌱 Por que unha edición piloto?

Porque queremos crear esta escola coas familias,  escoitando necesidades reais e axustando o acompañamento cun grupo moi reducido.

Se ao rematar o piloto ten sentido continuar, abrirase unha versión estable.

👣 Quen está detrás?

A Escola de Familias de Xogo forma parte de ChafarísEdu, a área formativa de Chafarís.

Chafarís leva anos acompañando familias e profes a través do xogo, tanto en espazos educativos como no día a día.

❓ É para min se non podo ir á formación presencial?

Si.
A Escola é unha proposta **independente**, pensada tamén para familias que non poden desprazarse ou que prefiren un acompañamento paso a paso.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Escola de Familias Xogonas”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio