Que é Xogar con Sentido?
Non é só un curso
Xogar con Sentido non é un curso tradicional nin unha formación teórica.
É unha xornada vivencial, pensada para que profes e familias vivan o xogo de mesa, o observen, aprendan a lelo e o adapten ás súas realidades concretas.
Traballamos a partir da experiencia directa, da observación e das situacións reais da casa e da aula.
A quen vai dirixido?
Este obradoiro é para ti se:
* Acompañas crianzas na casa ou en contextos educativos
* O xogo ás veces deriva en conflito, cansazo ou frustración
* Buscas orientación clara e aplicable, non teoría abstracta
* Queres desfrutar máis do xogo e intervir con máis seguridade
Non é necesario ter formación previa.
🗓️ Como se desenvolve a xornada?
🌿 Pola mañá · Experiencia de xogo de mesa e lectura do que acontece
A mañá está dedicada a vivir o xogo de mesa en primeira persoa.
* Propostas de xogo guiadas para experimentar diferentes dinámicas
* Aprendemos a ler o xogo: que está a pasar, que necesidades aparecen, que sinais nos dá
* Observación do papel da persoa adulta durante o xogo
* Adaptacións do xogo segundo idades, ritmos e contextos
* Espazo de posta en común a partir do vivido
Non falamos do xogo de mesa: xogamos, observamos e comprendemos o que sucede.
🍴 Mediodía · Pausa
* Pausa para comer
* Comida non incluída
🌱 Pola tarde · Acompañar con sentido (traballo por intereses)
Pola tarde poñemos palabras e ferramentas ao vivido pola mañá.
* Acompañamento de conflitos a través do xogo de mesa
* Cando intervir e cando observar
* Límites, emocións e convivencia
* Traballo por grupos segundo interese:
– acompañamento do xogo en familia
– acompañamento do xogo na aula
* Análise de casos reais achegados polas persoas participantes
* Ferramentas prácticas para trasladar á casa ou á aula
Que levas ao rematar?
Ao finalizar a xornada levarás:
- Capacidade para ler e comprender o xogo
- Estratexias para adaptar propostas segundo contexto
- Ferramentas prácticas para familia ou aula
- Máis seguridade e calma ao acompañar
- Unha mirada máis tranquila e consciente sobre o xogo
Formato e información práctica
📍 Lugar: Santiago de Compostela
🗓️ Data: 28 de febreiro
⏰ Horario: 10:00 a 14:00 h– 16:00 a 19:00h
👥 Grupo reducido para favorecer o acompañamento
🍴 Comida non incluída
A quen vai dirixido?
-
Profesorado de Infantil e Primaria
-
Primeiro ciclo da ESO
- Familias
- Profesionais do sector educativo.
Quen está detrás?
Xogar con Sentido forma parte de ChafarísEdu, a área formativa de Chafarís.
Chafarís leva anos acompañando familias e profes a través do xogo, tanto en espazos educativos como no día a día, creando propostas respectuosas, prácticas e con sentido.
Tes dúbidas?
Se non sabes se este obradoiro é para ti ou queres máis información:
👉 Escríbenos e falámolo.

Valoraciones
No hay valoraciones aún.